viernes, 10 de octubre de 2008

O Relevo de Galicia


Ó relevo actual de Galicia é o resultado da actuación de diferentes elementos a través do tempo, cun relevo variado no que se combinan serras, chairas, costas acantiladas e rías.



A altura media do relevo de Galicia non é moi elevada (non supera os 500 metros de altitude media), aínda que abundan as montañas e os outeiros con relevos pouco vigorosos.

As cadeas montañosas son de pouca elevación; as máximas altitudes acádanse nas serras orientais (Os Ancares, O Courel, Manzaneda ou Queixa), onde se atopa o cumio maior Pena Trevinca, Dende o punto xeolóxico, Galicia é un bloque de rochas precámbricas e paleozoicas .

Os materias que forman a base do relevo, as rochas, podénse agrupar en Galicia en diferentes grupos : Granitos, Xistos, rochas básocas , gneis ollo de sapo, rochas sedimentarias e depósitos non consolidados.

FONTES:
Bibliografía:
- Xeografía de Galicia Lois Gonzalez, R ; e Martínez Gargamala, H ; Obradoiro Santillana, Vigo 1998.
Internet:
- Wikipedia

1 comentario:

aula dijo...

O blog vai ben, pero fíxate no tipo de letra da Enquisa lateral hai que poñelo nun tipo máis pequeno.
O do tempo está moi ben, pero igual tamén o pode por no lateral. No lateral tes a opción de meter gadget.
Ben saúdos a continuar no traballo.
No último post hai un problema na xustificación do texto.
Na clase falamos do contido dos textos.

Fornelos de Montes

Fornelos de Montes
Escudo